Noticia: Plan experimental para a xestión do PULPO para 2024-2025


Agregada el 23/4/2024, modificada por última vez el 23/4/2024.


Achegamos a Resolución pola que se aproba o Plan Experimental para a xestión do polbo (Octopus vulgaris) con nasa para a campaña 2024-2025.
 
Época de vixencia do presente plan: dende o 3 de maio de 2024 até a data de inicio da veda do ano 2025.
 
Período de veda 2024: entre as 16.00 horas do 3 de maio até as 5.00 horas do 1 de xullo de 2024.
 
Peso mínimo: 1 kg/peza, independentemente de que sexa enteiro ou eviscerado a bordo.
 
Cotas máximas de captura: do 1 de xullo até o 31 de agosto de 2024: 35 kg/barco e día, ao cal se lle engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo, até un máximo de 240 kg/día.
No que resta de campaña a cota máxima será de 55 kg/embarcación e día, ao cal se lle engadirán 55 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo, até un máximo de 380 kg/día.
 
Plan_experimental_xestión_polbo_2024_25 (
Descargar .pdf →