Noticia: Campaña costeira do bonito 2023


Agregada el 15/4/2023, modificada por última vez el 15/4/2023.


Informamos que toda embarcación interesada en obter autorización para a costeira do bonito durante a campaña 2023 deberán remitir as solicitudes á Subdirección Xeral de Vixilancia Pesqueira e loita contra a pesca ilegal antes do vindeiro 30 de abril. Ditas solicitudes terán que tramitarse a través da sede electrónica do MAPA, mediante o procedemento denominado “Autorización o Permiso Especial de Pesca (PEP)”

Na cumprimentación do formulario deben cubrir todos os campos obrigatorios, e no campo observacións indicar a modalidade de pesca solicitada por cada buque. Si unha embarcación está obrigada a dispor de número IMO e aínda no o ten deberá solicitalo previo a facer a solicitude.

Para solicitar este número IMO inclúese formulario anexo a esta circular. Este formulario debe ser remitido a seguinte dirección de e-mail ship.imo@ihs.com .

Unha vez concedido dito número IMO debe ser comunicado a dirección censoflota@mapa.es Embarcacións que deben posuír o número IMO: Buques cunha eslora total de 20 metros ou superior que faenen no caladoiro nacional ou en augas da Unión.

Están exentas de esta obriga as embarcacións de madeira. Embarcacións cunha eslora total de 15 metros ou superior que faenen fora das augas da Unión, independentemente do material do casco.

SOLICITUD A PESCA PARA PESCA DE BONITO
Descargar .pdf →