Noticia: Axudas a rexeneración de especies de interese marisqueiro


Agregada el 01/2/2022, modificada por última vez el 01/2/2022.


Informamos da publicación no DOG núm. 20, do 31 de xaneiro de 2022, da ORDE do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209B).

Pódese acceder a Orde a través do seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220131/AnuncioG0427-050122- 0001_gl.pdf

Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector.

Poderán ser obxecto de subvención, proxectos colectivos que teñan por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro ou que contribúan a unha mellor xestión ou conservación dos recursos biolóxicos mariños, como pode ser a repoboación ou reintrodución de especies autóctonas.

O prazo para presentar as solicitudes de axudas remata o 1 de marzo de 2022 

23-2022 AXUDAS REXENERACIÓN
Descargar .pdf →