Las Jornadas de Difusión del Sector Pesquero que organiza la Cofradía de Pescadores de Celeiro llegan a su sexta edición, con una andadura consolidada entre los más importantes foros del sector. Confiamos en que este simposio constituya un punto de referencia obligado para el sector en temas de puntual interés (inspección, mercados y comercializzación, PCP, economía pesquera, legislación, sistemas de gestión de recursos, ... etc)

El sector pesquero está en constante cambio, y todos somos conscientes de los numerosos problemas y amenazas que se ciernen sobre este estratégico sector de la economía gallega. Este foro pesquero se promueve bajo el lema del ejercicio de una pesca responsable, como una actividad que fomenta el debate, el intercambio y la reflexión, a fin de acercar las distintas administraciones al administrado.

ORGANIZAN

Cofradía de Pescadores de Celeiro Federación Nacional de Cofradías de Pescadores
Cofradía de Pescadores de Celeiro
Federación Nacional de Cofradías de Pescadores

COLABORAN Y PATROCINAN
Secretaría General de Pesca Marítima - MAPA Diputación Provincial de Lugo Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura - Xunta de Galicia
Puerto de Celeiro Caixa Galicia
Secretaría General de Pesca Marítima - MAPA
Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (Xunta de Galicia)
Excma. Diputación Provincial de Lugo
Puerto de Celeiro, S.A.
Caixa Galicia

CONTACTO
Cofradía de Pescadores
Playa, 1
Tfnos.: 982 561 044
Fax: 982 562 856
27863 CELEIRO - VIVEIRO (Lugo)
correo@cofradiaceleiro.com

RETROSPECTIVA
PROGRAMA Y PONENCIAS
ANEXO FOTOGRÁFICO










"PORTAL GALEGO DE FORMACIÓN PESQUEIRA"

Antonio Rodríguez Fernández y Lino Lema Bouzas
Servicio de Extensión Pesqueira
Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación
Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.




Pescagalicia.com: Portal galego de formación pesqueira

Limiar.
A necesidade de ofrecer unha formación axeitada ás necesidades e especificidades do sector pesqueiro foi un un dos elementos que orientou a política que nesta materia, con maior ou menor acerto, desenvolveu a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación desde a súa creación ala polo 1987.
Desde o principio houbo dous criterios básicos que rexeron as actuacións que se realizaron, por un lado un criterio de calidade e por outro un criterio de accesibilidade á formación. O primeiro nace non só da obriga de facer as cousas ben, senón do feito de estar dirixida a formación a pescadores que tiñan que renunciar a parte do seu tempo de lecer para asistir a unha formación que en moitos casos é obrigatoria para poder exerce-la profesión (temos que recordar aquí que o mar é un sector no que para poder iniciarse no traballo antes hai que asistir a un curso de formación sexa un certificado de competencia de mariñeiro, sexa un certificado de mariscador ou un titulo de patrón), polo que hai unha obriga da administración de que ese esforzo sexa de proveito mediante un proceso formativo de calidade.
O criterio de accesibilidade nace non só do xenérico dereito constitucional á educación senón do carácter de obrigatoriedade que esta formación ten para o exercicio da profesión. Esto determina a necesidade de poñer ó alcance dos pescadores a formación. Facilita-lo acceso significa poder realiza-la formación de xeito compatible co traballo, sen custes excesivos e con medios adaptados ó nivel formativo dos participantes.
O programa de Formación nos portos, iniciado en 1988, ven a cumprir con estes criterios, ó achegar a cada porto aqueles cursos que polos seus requirimentos poden impartirse neles, mediante o aporte de equipos móbiles ou o establecemento de aulas permanentes dotadas cos equipos necesarios para a formación e a realización das practicas. Esto implica unha formación presencial que consegue unha mellor calidade da formación e permite eliminar os exames por "libre".


O porqué dun Portal galego de formación pesqueira

A reforma das chamadas titulacións menores realizada en 1997, establecendo as titulacións de Patrón Local de Pesca e de Patrón Costeiro Polivalente, ven a cambiar a situación anterior onde os cursos formativos tiñan unha duración horaria que permitía a súa conclusión nun período de tempo non moi amplo con sesións compatibles cos horarios de traballo. Agora a duración horaria chega no caso do Patrón Costeiro Polivalente a 600 horas lectivas que en xornadas de 3 ou 4 horas fai que o curso dure entre 150 e 200 días e dicir de 7 a 8 meses. Como pode comprenderse, faise moi difícil o seguir o curso completo máis cando se esixe unha asistencia mínima do 90 % das horas lectivas.
O abandono dos cursos unha vez iniciado ten un custo elevado tanto para o alumno, que perde o esforzo realizado ata o momento do abandono, como para a administración que se encontra con cursos que finalizan cun 40 ou 50% dos alumnos que o iniciaron, cun incremento significativo do custe por alumno.
Por outra banda hai persoas que querendo acceder a un destes títulos non poden obtelo ó non poder acudir á formación presencial nun período tan longo xa sexa por problemas de distancia física o lugar do curso, xa sexa por incompatibilidade horaria ou doutro tipo co traballo.
Na busca de solucións esta situación e no criterio indicado de facilitar o acceso á formación, sen perda da calidade, a posibilidade de realizar cursos a distancia parece a máis axeitada. Nesta opción as posibilidades que ofrecen as NTIC son inmensas polo que se elixiu a formula de cursos a través da Internet como a máis axeitada.


Pescagalicia.com



¿Como establecer este sistema de formación sen perda da calidade?. ¿Como resolver a necesidade de facer practicas reais con elementos reais?. ¿Como evitar que a ausencia de elementos motivadores como a presencia de compañeiros e dun profesor, levase o abandono do curso?. Estes son algunhas das cuestións que houbo que resolver ó dar forma ó sistema de formación a distancia.
O sistema defínese como un sistema semipresencial que permite adaptar a realización da formación ó ritmo de cada alumno, mediante unha programación personalizada que o alumno realiza co titor, que mediante un sistema de seguimento e titorización pode seguir o traballo de cada alumno, resolverlle dubidas ou animalo cando ve que decae no seguimento do curso.
O titor e o alumno determinan cando e en que lugar ten que realizar as practicas, e cando pode presentarse a proba final diante do tribunal examinador. Non hai un tempo de realización, hai fases de progreso e superación dos módulos do curso que o alumno demostra mediante probas de avaliación e que o titor segue mediante o historial individualizado do alumno que automaticamente se vai rexistrando.
Outros instrumentos que a ferramenta informática aporta son a posibilidade de facer preguntas e consultar dubidas e a de consultar as dubidas realizadas polos outros alumnos e incluso intercambiar opinións con outros participantes.
No desenvolvemento do curso tívose en conta que se esta a utilizar un novo vehículo e que polo tanto é necesario establecer novas formas de realizar a programación e de presentar os contidos do curso polo que se lle dou unha especial importancia ós aspectos metodolóxicos creándose ferramentas especificas para o desenvolvemento do curso.
Tamén os aspectos formais se coidaron elixindo un deseño claro e agradable onde o gráfico ten un papel importante, combinándose con texto, voz, imaxe en movemento, vídeos e fotografías, que xogan unha función de enganche do alumno o curso o facelo agradable e fácil de seguir.
No desenvolvemento do traballo de construcción do curso foron aparecendo novas necesidades que levaron a darlle unha nova dimensión ó realizado pasando de ser un aula de formación a distancia a ser realmente un centro de recursos formativos ó incorporar no portal unha biblioteca, folletos e outros textos de formación xerados nas actividades que realiza a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, unha biblioteca de fotos de uso libre, unha videoteca, unha biblioteca de carteis, un centro de servicios con xogos para nenos, información sobre empresas do sector, sobre as mareas, receitas de cociña, un servicio de noticias e outras que se enumeran nunha miscelánea de materias que indican o que o portal pode ofrecer.
Por outra parte o mesmo curso en si convertese nun recurso formativo para os profesores dos cursos presenciais que contribúe a mellora-la calidade da formación, o poñer nas súas mans apoio didáctico para as súas explicacións.
Na actualidade o que se conformou é un portal de de información e servicios formativos a disposición de toda a sociedade galega en xeral e dos pescadores en particular. Como xa se sabe que o mar non ten fronteiras, ó servicio de todos aquelas persoas que atopen nel algo de interese e útil que é para o que naceu.

Pescagalicia.com é un portal galego de formación pesqueira que pretende dar servicio e información sobre temas formativos da pesca a toda a comunidade que ten relación directa ou indirecta con esta actividade dende profesionais do mar ata calquera persoa ou entidade interesada nos temas pesqueiros, pasando polo persoal da administración ou mesmo a comunidade educativa, tanto educadores como alumnos, buscando ser unha referencia e un punto de encontro onde xurdan novas ideas e proxectos.

Estructura da Web

Co deseño que presentamos quíxose fuxir dos modelos actuais que normalmente atopamos na rede (moito colorido con toda a información moi empastada), e apostamos por elementos moi intuitivos e facilmente recoñecibles que resulten, familiares á xente.

Nese senso pensamos que un pequeno porto pesqueiro onde podemos recoñecer axiña elementos como o edificio da administración, a escola, a lonxa, o faro ou mesmo o carro varadoiro, cumpre á perfección o obxectivo e bastará con pasa-lo rato por riba de cada un deses elementos para que vexamos o que está aloxado no seu interior.

Da revisión das unidades que compoñen a web podemos adiviñar unha compoñente formativa, tal é o caso da escola, pero tamén informativa sobre temas do mar, que como logo veremos tamén funciona como fonte documental para a área formativa.

Navegación pola web

1.- Edificio da administración.-
Ó entrar neste apartado poderémonos atopar cunha serie de servicios, moitos moi novidosos, que pretender dar resposta á demanda de información, tal é o caso de:

Sónar.- Que consiste nun "gabinete de prensa" que selecciona e clasifica as noticias que sobre o mundo do mar se publican en toda a prensa electrónica. As persoas inscritas neste servicio (que é de balde) recibirán cada mañá no seu correo electrónico os links ás noticias por el previamente acoutadas (marisqueo, pesca, de ámbito galego, europeo ou internacional).

Así mesmo na web teremos a disposición dos usuarios dossiers sobre temas de interese ou actualidade.

Centro de recursos.- É un apartado no que a administración pon a disposición do usuario publicacións, fotografías, vídeos e mesmo carteis pudendo non só visionalos senón baixa-los ó seu PC e emprega-los para a elaboración de informes, traballos, etc. funcionará como fonte documental para a área formativa e pensamos que será de gran interese para a comunidade educativa.

Oferta formativa.- Outra área moi novidosa consiste na exposición conxunta e actualizada ó día de toda a oferta formativa da consellería, nela non só se poderá ver a ficha técnica de cada curso, ou os lugares e datas onde se impartirán cursos senón tamén se poderá dirixir un correo electrónico reclamando información concreta ó responsable ou coordinador de cada curso.

Tamén conta este apartado con outros servicios como:
  • Bases de datos de empresas
  • Nós
  • Biblioteca
  • Pescalandia
2.- O carro varadoiro.-
Nel poderemos atopar servicios como:
  • Información meteorolóxica
  • Mareas
  • Restaurante
Formación.-

É sen dúbida a parte máis importante, xa que ela por si mesma e a razón de ser desta páxina web.

Elaborouse co obxectivo de facilita-lo acceso á formación a todos aqueles profesionais que polas razóns que sexan non puideran realizala polos sistemas tradicionais.

No deseño da parte formativa tívose en conta que o alumn@ tivera a posibilidade de facer unha formación "a medida", adaptando o plan de estudios ás súas necesidade persoais e mesmo poder avanzar "ó seu ritmo". Ó mesmo tempo tratouse de implantar sistemas que eviten que o alumno se sinta só ou abandone por falta de constancia en fin evita-la desmotivación do alumno:
  1. Adxudicación dun titor persoal "non virtual"
    • Preparará un plan formativo personalizado
    • Disporá de ferramentas que lle permitirán non só facilita-lo seguimento do alumno, senón que facilitan a relación con ese alumno
  2. O curso está deseñado para que sexa enormemente atractivo, polo que se pretendeu simplifica-los contidos:
    • empregando a imaxe como código de comunicación ( flash animados, fotografía, vídeo, debuxo,...)
    • Actividades que permiten exercita-los contidos dun xeito inmediato
    • Dividi-los grandes atrancos en pasos pequenos,....
  3. O alumno disporá dunha chea de ferramentas non só para facilita-lo aprendizaxe senón tamén para comproba-los avances que fai ó longo do curso
  4. Pretendemos que o alumno no se sinta só polo que:
    • Sistema de titoría áxil
    • Comunicación cos compañeiros do curso e coa comunidade pesqueira
    • Prácticas reais.
Introducción

Neste apartado, que é a entrada no curso, explícanse como é o curso e para que pode servirlles, nela atoparemos resposta a maioría das cuestións que nos formulamos cando iniciamos novos proxectos formativos.

Pantalla inicial de Contidos. Area de menús

Dende aquí o alumn@ ten acceso a tódalas opcións e apartados tanto do curso como da web, co que se pretende facilita-lo manexo do curso de cara a usuarios sen coñecementos informáticos

Podemos destacar tres opcións:
  • Axenda. Esta ferramenta pretende xerar hábitos persoais de organización e planificación do traballo. Ten tres apartados:
    • Plan de traballo. Realízase ó comezo do curso co titor, recolle o ritmo de traballo que o alumn@ se compromete a seguir. Tendo en conta as características dos alumnos esto será un plan flexible, pudendo interromper a realización nun momento determinado para continúala posteriormente.
    • Avances realizados. O alumno ten un seguimento do seu avance, e coñece en todo momento o que xa está finalizado e o que lle resta por realizar.
    • Contactos. Dende aquí establece contacto tanto con profesores como con compañeiros
  • Marcador. Permite deixar unha páxina marcada para volver directamente a ela, xa sexa ó continuar a sesión ou á volta doutra sección do curso
  • Dúbidas. En calquera momento o alumn@ pode envialas súas dúbidas ó titor e consultar si o seu titor contestou.
  • Glosario. O alumn@ en todo momento poderá buscar calquera palabra, con elo se pretende evitar que o descoñecemento dunha palabra impida a comprensión do contido
Pantalla inicial de Contidos. Barra de contidos

O curso está estructurado en módulos (que serían paquetes formativos). Neste caso temos oito módulos (o barco, máquinas...), cada módulo está composto por unidades didácticas e estas por apartados.

Dende a barra de contidos poderemos acceder directamente a todo o contido do curso, de xeito que é difícil perderse.

Ó inicio de cada módulo poderemos atopar "información sobre o módulo" na que se presenta:
  • O obxectivo a conseguir
  • As unidades didácticas de que consta
  • Os traballos que se deben enviar ó titor ó finaliza-lo módulo
  • As prácticas reais que se deben realizar no caso de que as houbera
  • Motivación. Unha xustificación de porque pode interesarlle realiza-lo aprendizaxe deste módulo.
Tamén esta a disposición do alumno o "mapa do módulo" que contén un esquema cos contidos principais do mesmo, así mesmo tódalas unidades levan as súas actividades, en elas os alumnos/as atopan a oportunidade de asimilar e fixa-lo contido.

Autoavaliación

Outra ferramenta posta a disposición do alumno é a autoavaliación na que o alumn@ pode comprobar en todo momento o seu nivel de coñecementos, con elo pretendemos que tome conciencia tanto do seu avance como dos posibles erros que poda necesitar corrixir.

Titoría

Para facilita-lo traballo do titor e a súa relación cos alumnos creouse unha potente ferramenta por medio da que o titor recibe información permanente de tódalas realizacións dos alumnos, co fin de axudarlles a optimiza-la aprendizaxe.