Noticia: Concesión dunha axuda, cofinanciada polo FEMP, de proxectos colectivos para equipamentos: máquina lava-caixas e barredora


Agregada el 10/8/2022, modificada por última vez el 10/8/2022.


RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DO MAR POLA QUE SE CONCEDE UNHA AXUDA AO PROXECTO COLECTIVO “EQUIPAMENTOS CELEIRO 2022” PRESENTADO POLA CONFRARÍA DE PESCADORES "SANTIAGO APOSTOL" DE CELEIRO (NIF G27008820) PARA A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA, DA PROTECCIÓN DO AMBIENTE, DA SEGURIDADE E DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO E DA CALIDADE E DO CONTROL E RASTREXABILIDADE DOS PRODUTOS DESEMBARCADOS DA PESCA, COFINANCIADOS POLO FONDO MARÍTIMO E DE PESCA (FEMP).

A Consellería do Mar concedeulle á Confraría de Pescadores "Santiago Apóstolo" de Celeiro (NIF G27008820), unha axuda para o proxecto colectivo, cos requisitos e condicións que a seguir se sinalan, e a cuxo cumprimento se compromete o beneficiario coa aceptación da axuda.

I. Requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos

Denominación: EQUIPAMENTOS CELEIRO 2022 Nº EXPEDIENTE PE209G-2022/64

Identificación: Programa Operativo Español FEMP 2014ES14MFOP001

Prioridade: 1

O.E 1.d) Fomento da competitividade e a viabilidade das empresas do sector da pesca, con inclusión da pesca costeira artesanal, e mellora das condicións de seguridade e traballo.

Medida 1.4.9- Portos pesqueiros, lugares desembarco, lonxas e ancoradoiros.

Convocatoria 2022 ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro do 2022 Organismo Intermedio Xestión Dirección xeral de Desenvolvemento Pesqueiro Obxecto Mellorar a calidade e incrementar o control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca.

Ubicación Concello: CELEIRO Provincia: LUGO

II. Plan financeiro

Importe total do proxecto: 249.730,00 €

Importe total subvencionable: 249.730,00 €

Porcentaxe da subvención: 100%

Importe da subvención concedida: 249.730,00 €

Importe público FEMP (75%): 187.297,50 € C.A. (25%): 62.432,50 € 

III. Prazo de execución

Anualidade 2022

Data de inicio: Dende a presentación da solicitude

Prazo de execución e xustificación: Ata o 1 de decembro do 2022

64 CELEIRO CALIDADE1
Descargar .pdf →