Noticia: Consulta pública previa en relación co Marco normativo para o desenvolvemento das instalacións eólicas mariñas e das enerxías do mar


Agregada el 16/6/2022, modificada por última vez el 16/6/2022.


O Ministerio de transición ecolóxica ven de publicar unha Consulta pública previa en relación co Marco normativo para o desenvolvemento das instalacións eólicas mariñas e das enerxías do mar, que consiste en responder ás once preguntas que se formulan en dita Consulta (ver arquivo pdf adxunto), tendo de prazo ata o próximo 22 de xuño.

No seguinte link podedes acceder á información disponible ó respecto na web do MITERD: https://energia.gob.es/eses/Participacion/Paginas/DetalleParticipacionPublica.aspx?k=520

A Federación Galega de Confrarías como parte integrante da Plataforma de Burela remitiu as consideracións encargadas a un asesor xurídico e pasamos a remitirllas a todas as confrarías por se considerades interesante envialas tamen dende as vosas entidades ao correo : bzn-renovablemarina@miteco.es

Este asunto foi tratado na Xunta Xeral da Confraría do pasado sábado 11 de xuño porque entendemos que todas as confrarías estades interesadas en estar ao tanto de todas as novidades que se vaian producindo nesta cuestión.

CONTESTACION FGC CONSULTA PUBLICA PREVIA MARCO NORMATIVO EÓLICAS MARINAS
Descargar .pdf →